27 de dec. de 2023

O ROSAL

O Rosal despide o ano cunha San Silvestre solidaria e festiva  

 Hoxe remata o prazo de inscripción para poder participar 




Infogauda / O Rosal

 A tradicional San Silvestre voltará percorrer as rúas do Rosal este domingo, 31 de decembro, con dúas pobras que arrancarán da Praza do Calvario. A andaina iniciarase ás 11:00 horas e carreira farao ás 12:00 horas da mañá. 

 Esta edición estará marcada non só polo seu carácter festivo e de celebración, senón tamén solidario. A Asociación do Cancro de Páncreas (ACANPAN) estará cun posto propio xunto a recollida de dorsais e todo o recadado será en beneficio a prol de contribuir a investigación dos tratamentos da enfermidade.   

 O formulario de inscripción estará aberto ata o día de hoxe a través desta ligazón. Unha vez pechado, os participantes poderán recoller os seus dorsais antes do día 31 de decembro ou o mesmo día de 10.00 a 10.45 no caso da andaina e de 11.00 a 11.45 no caso da carreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario