11 de dec. de 2023

O ROSAL

‘O Principiño’ protagonizará o concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal  

 O auditorio municipal acollerá este sábado 16, ás 19.30 horas, ese espectáculo familiar que contará cos actores Cristina Collazo, Josito Porto e Sole Felloza   



 

Infogauda / O Rosal

 O espírito festivo vai entrar con forza no Rosal esta fin de semana, da man da Agrupación Musical do Rosal, que ofrecerá o seu tradicional  concerto de Nadal, un espectáculo para público familiar cheo de luz, imaxes, son e sorpresas que conquistará a todas ás persoas asistentes. 

 O sábado 16 de decembro, ás 19.30 horas, o escenario do auditorio municipal acollerá un completo e variado concerto no que ‘O Principiño’ exercerá de fío condutor dunha actuación na que participará a banda da Agrupación Musical do Rosal, o coro da Escola de Música e que contará cos actores e actrices Cristina Collazo, Josito Porto e Sole Felloza. 

 A entrada será de balde para toda a rapazada da Escola de Música, que deberá retirar o tícket previamente na oficina, mentres que para socios/as terán un prezo de 3 euros e poderán retirar da propia oficina un máximo de dúas entradas por persoa. Pola súa banda, para o público xeral o boleto terá un prezo de 5 euros e poderán adquirilas tamén na oficina, en Punterazapatos ou en Milar Teleson. 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a todos os rosaleiros e rosaleiras “a gozar dun concerto único escoitando música de calidade feita con moito agarimo polos grandes músicos e músicas do noso concello”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario