Éxito do XXII Torneo de Xadrez "Festas do Nadal"
• Celebrado nos salóns da Asociación "Os Amigos", e organizado polo Club de Xadrez Albatros
Miguel Reboredo Otero / Camposancos
Nos salóns da Asociación “Os Amigos", de Camposancos, vén de celebrarse o XXII Torneo de Xadrez “Festas do Nadal”, organizado polo Club de Xadrez Albatros, de A Guarda.
Este evento, que leva varios anos realizándose, non busca mais que premiar ós nenos mediante agasallos, non facendo uso dos típicos trofeos que se entregan noutros campionatos. É unha festa do xadrez para os cativos, entregando xoguetes e rematar o ano. Sempre se escollen os tres agasallos por orde inversa. Escolle primeiro o gañador, e así sucesivamente.
En resumo busca ser una festa do xadrez onde participan case todos os nosos xogadores e nenos invitados por estes para participar.
No que respecta aos adultos, seguimos o sistema clásico de trofeos tradicionais.
O sábado día 23 de decembro de 2023, tivemos sesenta xogadores que desfrutaron dunha festa do xadrez que rematamos cun sorteo de xoguetes entre os nenos, porque non todos gañaron para escoller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario