GOIÁN VAI SAIR DE NOVO A RÚA
ANTE A FALTA DE COMPROMISO DO CONSELLEIRO DE SANIDADE, JULIO GARCÍA COMESAÑA
Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño, ante a falta de compromiso do conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña e despois de anunciar con bombo e platillo no Parlamento de Galicia a apertura do consultorio de Goián, este segue sen abrir; é cun coste económico engadido dende hai uns cantos meses pagando o aluguer do propio local pechado e preparado. Este baixo para o consultorio, foi a administración local quen o puxo a disposicion do Sergas con todos os servizos e co visto e prace da Xerencia do Sergas e dos seus técnicos.
Ante este tipo de actuacións por parte da consellería de Sanidade, e do propio conselleiro Sr. Comesaña, as veciñas e veciños de Goián, sentímonos, DEFRAUDADOS E ENGANADOS.
Polo tanto ante esta falta de respecto as e os cidadans deste concello, nin imos calar nin imos parar ata que A APERTURA DO CONSULTORIO sexa unha realidade, pois coa saúde e os cartos públicos dos veciños non se xoga.
Este próximo sábado, día 2 de decembro, ás 11,30 h., en Goián estades convocadas/os a un VÍA CRUCIS RUIDOSO POLA APERTURA DO CONSULTORIO DE GOIÁN XA LLE CHEGA.
Precisamos moitas voces para que nos escoiten e dunha vez o Consultorio de Goián se abra.
Necesitamos a túa presenza para defender a Sanidade Pública.
Para mais adiante anunciaremos a próxima concentación en Tomiño!!!
ACUDIDE!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario