ATLETISMO
O club Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) brilla na carreira popular do San Martiño – Ourense 2023
• Logrando 3 pódiums: ouro para o rosaleiro Alejandro Santos Adrover, en Sub16: ouro para o tomiñés Sergio Silva Souto, en Sub12; e prata para a tomiñesa Daniela Asensio Lorenzo, en sub12.
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Esta pasada fin de semana, o club Sociedade Atlética do Trega tivo, un ano máis, unha pequena representación de atletas na XLVI edición da San Martiño, que reuniu a máis de 9.000 participantes e todas as categorías, incluíndo como novidade este ano a proba inclusiva.
Esta proba ourensá continúa sendo a raíña das populares en Galicia e a máis emblemática de todas, e como vén sendo costume xa hai moitos anos, o noso club ten gran tradición a esa cita, con grandes intervencións nela, a cal sería raro non ver algún integrante do noso club nesta edición. E un ano máis brillou en categorías inferiores como outrora, no máis alto do pódium.
E vaia se os máis novos talentos seguen os mesmos pasos dos seus referentes do club. Continúan dando moito que falar xa que nesta edición volveron a destacar os seguintes atletas:
Na categoría escolar Sub18, Sub16, Sub14, carreira que englobou unha participación moi concorrida de 2.577 participantes, brillou Alejandro Santos Adrover, nun circuíto homologado de 5km, entrando en meta en 5º lugar na xeral e 1º na súa categoría Sub16, cunha sensacional marca de 17´00", proclamándose campión da San Martiño Sub16 (cadete) escolares.
Moi pretiño estivo Paula Rocha Bautista, que quedou ás portas do pódium por tan só un segundo, facendo un formidable 4º posto cun crono de 21´55", seguíndolle os pasos, a súa irmá Carla Rocha Bautista, que obtivo un 6º lugar con 25´31" en Sub18.
E para rematar na carreira de "cativos" que reuníu as categorías Sub10 e Sub12, con 2.000 participantes, brillaron tamén: Sergio Silva Souto, en alevín Sub12, conseguindo entrar en primeira posición en liña de meta, cun tempo de 4´53", facéndose coa vitoria na súa categoría. Nesta proba tamén estivo enorme Daniela Asensio Lorenzo, na categoría Sub12 onde cun rexistro de 5´09" colgouse a prata.
Tamén destacar a boa intervención de Alba Vasconcellos Rodríguez, 5ª clasificada, cun tempo de 5´29"´.
E xa na carreira de 10km absoluta, o corredor Mohamed El Ghazouany, de orixe marroquí, do Club Narón, foi o gañador absoluto dos 10.000 metros homologados en roteiro cun tempo de 28´42", con récord incluído da proba. En féminas alzouse coa vitoria Ester Navarrete cun rexistro de 33´50"´.
En resumo, o club Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) brillou en categorías inferiores na carreira popular do San Martiño – Ourense 2023 raíña das populares de Galicia, logrando 3 pódiums: ouro para o rosaleiro Alejandro Santos Adrover, en Sub16: ouro para o tomiñés Sergio Silva Souto, en Sub12; e prata para a tomiñesa Daniela Asensio Lorenzo, en sub12.
Felicidades a todos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario