21 de nov. de 2023

DEPORTES

 Nova xornada de fútbol gaélico na Guarda




Gróvias Futebol Gaélico A Guarda

 Este sábado 25 terá lugar na Guarda unha nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico en categoría feminina.  

 A equipa do Baixo Miño Gróvias F.G. enfrontarase a escadra coruñesa de Fillas De Breogán. Será ás 12:30 no Campo da Sangriña.  

 Animamos as veciñas e veciños do Baixo Miño a que se acheguen até a Sangriña para coñecer este deporte e apoiar a equipa local.   

 Forza Gróvias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario