21 de nov. de 2023

Á GUARDA

A construción da senda ao redor do Monte Santa Trega será incluida pola Xunta de Galicia na solicitude dos próximos fondos FEDER 

 Así o pactaron o alcalde de A Guarda e a conselleira de Infraestruturas


Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, e membros do goberno municipal, nun momento do encontro con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia 
Foto X. G.


Infogauda / A Guarda 

 Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, e Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela onde o rexedor guardés trasladou a necesidade de iniciar a construción da senda que circunvala ao Monte Santa Trega e que une A Guarda con Camposancos (PO-352).  

 En palabras de Roberto José Álvarez Carrero: “Esta infraestrutura resulta fundamental para o municipio pois permitirá, non só mellorar a seguridade na zona, pola que a diario transitan centos de persoas, peregrinos ou vehículos, senón que dará maior conexión ao casco urbano da Guarda e Camposancos. Ademais, ao longo do verán, a densidade de usuarios e vehículos aumenta de xeito exponencial ao ser o acceso principal cara ás praias e á desembocadura do Miño”.  

 A conselleira Ethel Vázquez, despois de analizar a situación en detalle, pactou co alcalde de A Guarda incluír o proxecto, construción e execución da senda ao redor do Monte Santa Trega, PO-352 Camposancos - A Guarda de titularidade autonómica, na solicitude que o goberno da Xunta de Galicia realice do próximo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Ningún comentario:

Publicar un comentario