14 de nov. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda abre o prazo para participar nas actividades de Nadal o 24 de novembro   

Os obradoiros terán lugar do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, e é preciso realizar inscrición previa




Infogauda / Vigo 

 O Concello de A Guarda abre o prazo para participar nas actividades de Nadal o 24 de novembro. Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo. 

DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS 

 Os obradoiros terán lugar os días 26,27,28 e 29 de decembro e o 2,3,4 e 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas no Centro Cultural da Guarda. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario de 8:30 a 14:30 (terá que especificarse na solicitude) 

PARTICIPANTES

 30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda.** 

*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas. 

**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos. 

INSCRICIÓNS

 Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o 24 de novembro ata o 7 de decembro. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición  que se pode atopar na web www.aguarda.es

 Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 15 de decembro ás 10:00 h no Concello de A Guarda.  

 A listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma. 

 Máis información en informacion@aguarda.es ou na Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario