2 de out. de 2023

VIGO

A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en Conxemar



Mar Bermúdez / Vigo

 A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) asiste este ano a Conxemar cunha iniciativa nova e  coa que desde a organización esperan marcar un antes e un despois na venda do peixe espada grazas ao ronqueo, a arte de despiezar que usualmente emprégase con atúns pero en moi poucas ocasións co espada.  Esta técnica, dirixida principalmente a profesionais de peixarías e industria transformadora, permitirá o aproveitamento integral da especie. 

 O evento contará coa intervención do chef Andrés Médici, especializado en comida xaponesa, que fará o ronqueo en directo  e encargarase de elaborar os diferentes pratos para a degustación. 

Lugar: Caseta de Interfish en Conxemar (4B31) 

Data: Martes, 3 de outubro de 2023. 

Hora: 13:30 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario