23 de out. de 2023

TUI

A Asociación Avelaíña recibe unha axuda para  mellorar a vida dos veciños de Tui  a través do deporte  

 Trátase dunha  subvención concedida polo  Concello  de Tui para o desenvolvemento do proxecto “Fisicamente activo, mentalmente saudable para os usuarios de Tui” 


Usuarios practicando natación
Foto: A. A.

Infogauda / Tui

 As persoas con enfermidade mental teñen un risco maior de obesidade debido á súa enfermidade, os hábitos sedentarios e os efectos secundarios da medicación, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saludable, afirman desde á Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con problemas de saúde mental, entidade que vén de presentar o proxecto “Fisicamente activo, mentalmente saudable para os usuarios de Tui” .

 “Neste programa inclúense contidos especializados sobre o estilo de vida saudable, unha alimentación sa, así como diferentes tipos de adestramento como a piscina, talasoterapia, ximnasia, roteiros en bicicleta e andainas, entre outros, indican dende Avelaíña.

 A contía concedida é de 1.000€ que axudará a persoas con enfermidade mental do concello de Tui, a entender o exercicio como parte dun estilo de vida saudable, valorando e gozando do deporte e da actividade física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario