3 de out. de 2023

TUI

Tui recibirá 139.500€ da Deputación de Pontevedra, para reparar os danos do temporal do pasado inverno

 Con esta achega farase fronte a parte do investimento necesario para o arranxo do pantalán da praia de Guillarei e de afundimentos en camiños municipais en Randufe e Baldráns.


Pantalán desprazado que fora desprazado polo temporal de chuvia e vento
Foto: C.T.

Infogauda / Tui 

 O Concello de Tui vai recibir 139.488€ da Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña de subvencións da entidade provincial para reparar os danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.    

 Con esta subvención provincial o Concello de Tui fara fronte a parte do investimento necesario para ao arranxo dos desperfectos rexistrados no pantalán na praia de Areeiros en Guillarei. Tamén para o arranxo dos danos en infraestruturas municipais en concreto nos camiños municipais sobre a Regueira do Cotarel, en Randufe; e na Regueira da Fonte Febreiro, en Baldráns. Tamén se reparará o pavimento no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo no que se rexistraron afundimentos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario