Os segredos agochados nos contos de sempre revélanse da man de Miriam Campos Leirós
• A autora galega presentará o seu libro no Mercado de Tomiño dentro da programación “Outono de libros”
Infogauda / Tomiño
Continúa a programación cultural de outono do concello de Tomiño e neste caso a cita corre a cargo de Miriam Campos Leirós, que ofrecerá unha charla – coloquio sobre o seu libro “Los secretos de los cuentos clásicos. Archivos desclasificados”.
O venres 27 chega a Tomiño para presentar a súa última obra, na que nos convida a mirar aos contos clásicos dende outra perspectiva e con outra mirada, deixando falar aos “malos”, a todos aqueles “que non tiveron voz na historia”
A cita terá lugar este venres ás 20:00 h no Mercado de Tomiño. A entrada é libre e de balde.
Miriam Campos Leirós é mestra de primaria con máis de 20 anos de experiencia, educadora e intérprete ambiental. Ademáis coordinadora o colectivo Teachers for Future en España. Desenvolve o seu traballo na educación pública, dende onde, según a propia autora, pon o foco nos valores da cultura e a ecoloxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario