26 de out. de 2023

TOMIÑO

Faladoiros para mellorar o inglés charlando  

 A cargo de Sam Arbon, nativo británico, están dirixidos a persoas de niveis de A2 a C2 

 

Os faladoiros serán reunións informais en formato café de fala inglesa
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Nun mundo cada vez máis globalizado, a competencia lingüística en inglés é cada vez máis importante e máis valorada. Contar cun bo nivel de inglés abre moitas portas laborais, permite traballar fora, desenvolverse en reunións con clientes ou provedores internacionais e conseguir mellores condicións e retribucións no traballo. Pero o mundo do ocio non é alleo a esta realidade, e as persoas que gustan de viaxar polo mundo saben da importancia de ter un bo dominio da lingua inglesa. 

 Por todo isto, e tamén para desfrutar charlando e coñecer a outras persoas, a OMIX de Tomiño promove uns faladoiros en inglés, da man de Sam Arbon, mozo británico afincado en Tomiño e membro do grupo de voluntariado da OMIX.  

 Os faladoiros serán reunións informais en formato café de fala inglesa, e  están dirixidos a persoas de calquera idade, cun nivel de inglés aproximado do A2 a C2. Trataranse temas como viaxes e vacacións, deportes, música e pasatempos, cinema, libros,... 

 Os faladoiros organizaranse en dous grupos cas seguintes datas: 

GRUPO 1: luns ás 11h no primeiro andar do Mercado de Tomiño.  Inicio: 6 de novembro. Remate:18 de decembro. 

GRUPO 2: martes ás 19h na OMIX de Tomiño.  Inicio: martes 7 de novembro. Remate: martes 19 de decembro. 

 Máis información e inscricións en tomino.gal 

Ningún comentario:

Publicar un comentario