28 de out. de 2023

SOCIEDADE

REENCONTRO DE VETERANOS ARTILLEIROS DA BATERÍA DE COSTA DE CABO SILLEIRO 


Grupo de veteranos artilleiros da Batería de Cabo Silleiro, que onte volveron a reencontrarse na súa xuntanza anual


Ricardo Rodríguez Vicente / Val Miñor

 Volvérona a facer. Da estratexia previa ocupáronse Mariño, Moa e Moisés, recibindo a entusiasta dispoñibilidade de todos os convocados, compañeiros veteranos artilleiros que - hai 49 anos! - estiveron na Batería de costa J4, de Cabo Silleiro, cuxa historia ten relación co acoirazado “España”, pois dous dos seus canóns de 101 mm, marca Vickers, terminaron en 1923 nun monte de Baiona e posteriormente pasarían á referida batería costeira. Aínda que todo iso forma parte do relato dese enclave, o que agora mesmo ocúpanos é deixar constancia que aqueles artilleiros de fai practicamente medio século, reuníronse en fraterna camaradería no Expo, de Gondomar. Nin a borrasca lles arredou. 

 Procedentes, como sempre, do Val do Fragoso, Val Miñor e Baixo Miño, alí atopáronse, saudáronse, compartiron mesa e mantel, parlamentaron e lembraron. E ata brindaron a título póstumo, por un grato compañeiro que hai uns meses caeu na batalla da vida.   

 Se a patroa Bárbara de Nicomedia permíteo, en 2024 repetirán a operativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario