3 de out. de 2023

GALIZA

A CIG convoca asembleas e mobilizacións, nas sete cidades, contra a carestía da vida 

Infogauda / Compostela

 A CIG convoca para mañá mércores, día 4 de outubro, asembleas de delegadas e delegados para analizar a actual situación económica, laboral e social. Ao seu remate, están previstas concentracións simultáneas, nas sete cidades, ás 12:00.  

 A central sindical denuncia o gravísimo incremento dos prezos dos produtos de primeira necesidade, que está provocando, á súa vez un medre desbocado da inflación. Unha situación que, xunto a suba do euribor e, en consecuencia das hipotecas, está afogando economicamente as familias e a clase traballadora no seu conxunto. Fronte a isto, a CIG denuncia os beneficios millonarios que están acumulando a banca e as multinacionais enerxéticas, mais tamén as grandes cadeas de alimentación.  

CONCENTRACIÓNS (12:00 H) 

A CORUÑA: BBVA de Catro Camiños (esquina avenida de Oza con Concepción Arenal). 

FERROL: Diante do Banco Santander, Rúa Real, 1, esquina Praza de España. 

SANTIAGO: Praza de Galiza. 

LUGO:  BBVA Rúa Raíña. 

OURENSE:  Santander empresas, Rúa do Paseo, 22. 

PONTEVEDRA:  Praza da Peregrina. 

VIGO: Encrucillada de Colón, tras percorrer en manifestación desde a Praza do Rei, ata ese punto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario