ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR EN GALEGAS DIXITAIS
TRÁTASE DUN PROGRAMA DE FORMACIÓN GRATUÍTO DE 120 HORAS, DIRIXIDO Á DIXITALIZACIÓN DE MULLERES
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño ven de abrir o prazo de inscrición para participar en Galegas Dixitais, un programa de formación gratuíto dirixido á dixitalización de mulleres organizado en colaboración con Ara Formación-Beprojec.
Cunha duración de 120 horas, a formación impartirase na Escola Obradoiro O Regatiño (Goián) do 4 de outubro ao 15 de novembro deste ano. Será de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00h e estará dirixido a mulleres desempregadas do Concello de Tomiño.
O curso ten prazas limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde hoxe ata o día 21 deste mes. As persoas interesadas deberán inscribirse a través da no teléfono 886 203 763/604 039 575 (WhatsApp) e poden consultar calquera dúbida no Servizo de Orientación Laboral do Concello.
Ao rematar a formación as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo e un ordenador portátil de regalo.
Ficha do curso:
Nome: GALEGAS DIXITAIS
Duración: 120h
Datas: 04/10/2023 15/11/2023
Horario: 9:00h 14:00h
Centro: Escola Obradoiro O Regatiño (Goián), Tomiño. Aula 2
Requisito de acceso ao curso: ser muller, estar en situación de desemprego (ou en mellora de emprego), empadroamento no Concello de Tomiño.
Nº de prazas: 25
Xuntanza previa: 27/09/2023
Ningún comentario:
Publicar un comentario