1 de set. de 2023

DEPORTES

PIRAGÜISMO

IMPRESIONANTE PARTICIPACIÓN DO TEIXUGO LUÍS FERNÁNDEZ, NA COPA DO MUNDO DA SEU D´URGELL 


Luís Fernández

Informa: Rosa Fernández Carrera

 A localidade catalá de La Seu D´Urgell acolleu esta semana unha das copas do mundo de slálom. Máis de douscentos deportistas de corenta e un países diferentes participan no evento. O slálom, recordamos, só ten tres modalidades: kayak, canoa e kayak cross.  

 O teixugo Luís Fernández foi un dos tres integrantes do equipo nacional de canoa ou C1. O xoves fixo fronte as clasificatorias; na primeira, cunha mala baixada, quedou lonxe dos vinte postos para semifinais. Nas segundas clasificatorias, aproveitou ben a oportunidade, e acadou un posto en semifinais co mellor tempo de todos.  

 O venres os trinta semifinalistas de canoa intentaron conseguir unha das dez prazas da final. Luís Fernández trazou o circuíto con rapidez e limpeza, sen penalizacións, rematando quinto, o que lle deu a tan ansiado e complicado posto nas finais a disputar esa mesma tarde.   

 Na final, nin a sorte, nin os árbitros, estiveron de parte do deportista de Salceda. Fixo unha baixada impecable e rapidísima, pero un dos dous árbitros da porta dezanove considerou que non a pasara correctamente, e penalizouno con cincuenta segundos.  

 Rematou esta copa do mundo nun impresionante noveno lugar.  

 Tamén en C1 estivo o outro representante galego, Daniel Pérez, do Piragüismo Penedo, de Tui. Daniel tamén chegou a semifinais, rematando décimo oitavo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario