23 de set. de 2023

A GUARDA

A GUARDA E A SÚA COMARCA CELEBROU Á FESTIVIDADE DE SANTA TREGA

Cunha importante afluencia a romaría, nunha fermosa xornada de auténtico verán


Centenares de persoas asistiron á celebración da solemne eucarístía na ermita de santa Trega
Fotos: infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Neste 23 de setembro, festividade de santa Trega, á cidadanía de A Guarda e unha boa representación da veciñanza do seu arciprestado, subiu - en moitos casos camiñando - ata a ermida da discípula de san Pablo e unha das primeiras mártires do cristianismo.  

 Os devotos da Virxe do Trega, mesmo rezaron desde a alba, o vía crucis, como paso previo á visita a capela da santa, avogada das doenzas da cabeza, do corazón e do cancro óseo, e a asistencia a calquera das misas rezadas oficiadas - ás 8:00, 9:00 e 10:00 da mañá -, nesta ocasión por Juan José González Estévez, párroco de Santa María de A Guarda, e presidente en funcións da Irmandade do Clamor de Santa Trega.

 Entre os centenares de persoas que ata alí se achegaron, estaban o alcalde e deputado provincial, Roberto José Álvarez Carrero, membros da corporación municipal  de A Guarda, comandante do posto da Guarda Civil e cabo da Policía Local.  

 As primeiras notas musicais do día estiveron a cargo do Grupo de gaitas da Terceira Idade, de A Guarda, cuxos compoñentes interpretaron pasarelas, pasodobres e marchas galegas.

 Ás 11:30 horas, daría comezo a solemne eucaristía que non estivo presidida polo bispo da diocese Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, como fora anunciado en días previos, por ter outro compromiso adquirido con anterioridade. De tal xeito, que a misa grande foi co-oficiada por cinco sacerdotes: Juan José González Estévez; Luís López (da congregación dos PP. Somascos), vigairo xeral do arciprestado de A Guarda; padre Vidal, tamén dos PP. Somascos; padre Avelino Baquero, párroco de San Lourenzo de Salcidos; e o padre Santiago Villa Martínez, vigairo parroquial na igrexa de San Josemaría, en Barbastro (Huesca).

 A ofrenda foi efectuada por Roberto José Álvarez Carrero. Na súa intervención - a maior parte en castelán e o tramo final en falego - o alcalde de A Guarda, entre outras cousas, dixo: "Señora santa Tecla, cabeza y corazón de nuestro pueblo y de toda la comarca, un año más cumplimos con la solemne y secular tradición de presentarnos ante ti.  

 Hoy, como cada 23 de septiembre, volvemos a tu monte, raíz y origen de nuestro amado pueblo A Guarda.  

 Señora santa Tecla, traemos a tus pies nuestra humilde palabra de devoción para celebrar tu fiesta, el reencuentro de nuestras familias, el gozo del banquete y el deseo de paz y prosperidad para todas y todos los que convivimos bajo tu amparo  hoy, aquí y ahora, desde esta tu atalaya natural que lleva tu nombre… y bajo tu manto, contemplamos al padre Miño que se funde en la inmensidad del océano Atlántico, peinando y acariciando nuestra tierra, y aportándonos riqueza y sustento. 

 Hoy, aquí y ahora, desde esta atalaya natural que lleva tu nombre… y bajo tus ojos, contemplamos la bondad del valle del Rosal y sus fértiles tierras que riegan de sabor y olor nuestra tierra.  

 Hoy, aquí y ahora, desde esta atalaya natural que lleva tu nombre… y bajo tus labios,  nuestra vecina Portugal, tierra amiga y aliada, pronuncia con nostalgia vital tu nombre perdido (...)".  

  "(...) Señora santa Tecla, somos pólas dunha árbore eterna que dá sombra e nos asombra coa súa vitalidade ateigada de landras e bugallos e chanta as súas raigañas poderosas no humus térreo, no cerne mesmo do propio seixo, no albor do mañá.  

 Somos o pobo de A Guarda, unha vila humilde e traballadora donde o valor da nosa historia nos emplaza a entregarnos á tarefa común de construirmos xuntos un futuro mellor de paz e xusticia para todos nós.   

 Santa Trega, patrona de A Guarda, acolle esta ofrenda liviá e danos cabeza e corazón para celebrar a vida. Grazas polo que levamos feito, que a túa festa encha de felicidade o corazón dos guardeses e guardesas. Sabemos que contamos coa túa axuda te pedimos que un ano máis poidamos subir a celebrar a túa festiña o teu monte santo.

 Que así sexa". 

 A solemne eucarístia contou coa participación da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, cuxos compoñentes - dirixidos por Avelino Ferreira López  -, interpretaron varios motetes no decurso da celebración, causando unha magnífica impresión entre ás persoas que asistiron a celebración da misa. Ao termo da mesma, sairía a procesión en dirección as faldras do Pico do Facho, para a continuación xirar deica o Pico de San Francisco, e retornar á ermida. Durante o traxecto procesional, o grupo de gaitas da Terceira Idade, de A Guarda, dirixido Eduardo Rodríguez Sobrino,  interpretou  a "Marcha Procesional do Antergo Reino de Galiza", "Pescador" e "Marcha Procesional das Dores". 





 Como é tradicional a imaxe de santa Trega foi portada por varias mulleres devotas - algunhas delas cos pés descalzos -, e no itinerario procesional tamén foi amosado o relicario da santa. 









  Na procesión, ademais de numerosas persoas devotas de santa Trega, tanto guardesas - algunhas delas lucindo traxes galegos - como doutras localidades do Baixo Miño, e mesmo de Portugal, así como peregrinos que están facendo o Camiño Portugués pola Costa; participaron o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; membros da corporación municipal, e outras representacións cívicas e oficiais.  

 Unha vez rematada a procesión, foron cantadas as ledaíñas do Clamor "(...) Santa Trega, rogai a Deus por nós. Deus ouvide a nós. Kyrieleyson (...)", e no interior da ermida, os devotos da santa, puideron bicar o relicario da protomártir.

 Asemade, como é tradición, a Irmandade do Clamor de Santa Trega, agasallou aos picariños que ían vestidos con traxes galegos - e tamén aos que ían con outro tipo de vestimenta -, con bolsas de caramelos.





 

 A continuación deu comezo a poxa dos froitos do campo e do mar, diante do púlpito ao aire libre, evento coordinado polo padre Vidal e por Nemesio Lomba Martínez, que foi presenciado por centenares de persoas que viron como esa antiga tradición diezmal, proveniente do medievo, subsiste ao longo dos tempos. Froitos desta época (castañas, cebolas, pementos, uvas,...), peixe de coiro, mariscos, viños, sobremesas,..., ata un total de 65 lotes, ofrecidos por varias persoas de A Guarda e súa contorna, foron adxudicados aos mellores licitadores. Un dos lotes, formado por dous lumbrigantes, catro bois de mar e dúas botellas de viño do Rosal, acadou os 200 euros. Tamén foi sorteada a regueifa - contendo unha valiosa sorpresa, sendo agraciado o posuidor da rifa co número 4.949.

 Mentres, na Casa dos Cregos, por invitación de Juan José González Estévez, prior en funcións da Irmandade do Clamor de Santa Trega, foi servido un aperitivo no que participaron varias persoas convidadas, entre as cales estaban as autoridades asistentes a celebración da festividade de santa Trega. 

 A xornada festiva continuaría co xantar de grupos familiares e de amigos, e a tardiña deuse por concluída a romaría, coa ledicia xeralizada de todas as persoas participantes que gozaron dun día de excelente climatoloxía, xustamente no equinocio de outono e do comezo astronómico desta estación - cuxo inicio produciuse este 23 de setembro ás 08:50, hora peninsular española -, que á vista das témporas, todo semella indicar que continuaremos con tempo maiormente seco. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario