16 de ago. de 2023

SALCIDOS (A GUARDA)

NOITE DE ESTRELAS E PETRÓGLIFOS  

• O sábado 19 de agosto, ás 20:30 horas, dende a casa da Comunidade de Montes de Salcidos (na subida ao Torroso) 




Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos

 Lembramos que a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos organiza unha nova actividade denominada "Noite de estrelas e petróglifos". O evento terá lugar o sábado día 19 de agosto de 2023, con saída ás 20:30 horas, dende a casa da comunidade, sita na Subida ao Torroso.

 A xeira contará coa participación do arqueólogo Benito Vilas Estévez, membro de Árbore Arqueoloxía Sociedade Cooperativa Galega. 

 A organización recomenda levar lanterna. Asemade, ao ser de noite á actividade a realizar, suxerimos levar roupa e calzado axeitados.

 O roteiro ata o alto do monte Torroso, é de dificultade media.

  De darse as condicións atmosféricas axeitadas, ás persoas que participen na "Noite de estrelas e petróglifos" poderán gozar coa observación do firmamento e por conseguinte das Perseidas. Dese xeito, ainda que as noites máis propicias - segundo os expertos - foron entre o 12 e o 14 de agosto, é moi probable que na noite do 19 - tres días despois da microlúa de agosto - ainda continúen as chamadas "Lágrimas de san Lourenzo", que se perciben visualmente como estrelas fugaces, ainda que se trate de partículas de pó do cometa Swift-Tuttle (chamado formalmente 109P/Swift-Tuttle). 

 Por outra banda, as persoas participantes van ter oportunidade de "descubrer", da man do experto Benito Vilas, os principais petróglifos (combinacións circulares, coviñas, espirais, ídolo, labirinto, zoomorfos,...) e muiños rupestres do Alto do Torroso, achados ata agora na contorna do castro de Pico da Bandeira. 

 A todo iso hai que engadirlle as vistas panorámicas deica o esteiro do río Miño, océano Atlántico,....

Ningún comentario:

Publicar un comentario