16 de ago. de 2023

A GUARDA

LAROÁ ACTÚA ESTE VENRES NA GUARDA AO ABEIRO DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “MUSIGAL” 

O concerto, no que o grupo amosará a súa fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da Península, comezará a partir das 22:30 horas na praza do Reloxo


 Grupo Laroá
Foto: D.PO.

Infogauda / A Guarda 

 A fusión de música tradicional, jazz e ritmos tradicionais da península Ibérica chegará este venres 18 de agosto ao concello de A Guarda da man da Deputación de Pontevedra co grupo Laroá. A actuación comezará a partir das 22:30 horas na céntrica praza do Reloxo e enmárcase no “Musigal”. Este programa cultural posto en marcha pola Deputación ten como finalidade, por unha banda, contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e, pola outra banda, fomentar o uso e a normalización social da lingua.  

 Laroá naceu no ano 2016 froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria, que parten na súa maioría das influenzas da música lusófona e de raíz para explorar novos horizontes musicais nunha proposta chea de variedade. A sonoridade que os define parte dun amplo abano de instrumentos e instrumentistas que recollen pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. 

 O grupo, que reinterpreta estes estilos cunha música chea de matices e ambientes, está formado por Madalena Gamalho e Sandra Lima (voces), Roso Marinello (saxos e clarinete baixo), Rafa Morales (baixo eléctrico), Antonio “Monano” (teclado), Miguel Fraguas (percusión, gaita e whistle) e Franc Gorriz (batería e percusión). Os seus integrantes proceden de Galicia, Cataluña, Portugal, Francia, Holanda e os Estados Unidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario