16 de ago. de 2023

A GUARDA

III Torneo de Petanca Concello de A Guarda  

Sábado 19 de agosto, ás 8:30 horas, no parque deportivo O Codesal 


Participantes nun torneo de peranca nas instalacións do parque deportivo do Codesal
Foto. C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O parque deportivo do Codesal acollerán o sábado día 19 de agosto de 2023, o III Torneo de Petanca Concello de A Guarda, na modalidade de dupletas promovido dende o clube O Caldeiro e o Concello de A Guarda, a través da concellería de Deportes.  

 O evento - no que participarán 56 equipos de toda Galicia, convidados polo Clube de Petanca O Caldeiro, que conta xa con 27 deportistas federados -  arrancará ás 8:30 horas e estenderáse ata ás 20:45h, cando terá lugar a entrega de premios.

 Agárdase a participación dun total aproximado de 150 xogadores e xogadoras de petanca de toda a comunidade autónoma galega.  

 O deporte da petanca ten experimentado nos últimos anos un gran incremento de xogadores e de competicións, o que motivou a que o Concello de A Guarda apostase pola mellora das infraestruturas deportivas na zona do Codesal, onde o clube local efectúa os seus adestramentos e competicións, sendo un dos clubes con máis deportistas federados. 

 As instalacións de O Caldeiro, na zona do Codesal son unas das mellores instalacións para a práctica da petanca de toda Galicia, nas que se teñen realizado numerosas melloras nos últimos anos para contar na actualidade cun total de 28 pistas, sistema de alumeado, auga, almacéns, vestiarios, aseos, entre outros servizos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario