O Rosal retira dous símbolos franquistas na Lomba e Sandián
O Concello levou a cabo o tallado da pedra para eliminar dous escudos e deixar a lousa lisa
Os traballos contan cunha subvención de 585 euros da Deputación de Pontevedra
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal vén de retirar dous símbolos franquistas aínda existentes en elementos patrimoniais do municipio. Así, a través dunha subvención de 585 euros da Deputación de Pontevedra, o concello eliminou dous escudos situados nun piar da ponte de Sandián e outro na fonte da Lomba.
Como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, con esta iniciativa buscamos “seguir dando pasos para unha sociedade máis igualitaria e democrática que respecte a memoria histórica”.
Os traballos de actuación consistiron no tallado da pedra para eliminar os escudos existentes, deixando as lousas lisas e libre de calquera simboloxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario