14 de xul. de 2023

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, ALCALDE DE A GUARDA, NON COBRARÁ SALARIO DO CONCELLO GUARDÉS 

Ante “a penosa e delicada situación económica en que deixaron as arcas municipais do Concello da Guarda o anterior equipo de Goberno capitaneado por Antonio Lomba e Montserrat Magallanes”


Roberto José Álvarez Carrero, alcalde do concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda  

 Como xa avanzou este xornal dixital transfronteirizo na súa edición de onte, xoves 13 de xullo de 2023, “o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, non cobrará nin terá salario do Concello de A Guarda, ante a penosa e delicada situación económica en que deixaron as arcas municipais do Concello da Guarda o anterior equipo de Goberno capitaneado por Antonio Lomba e Montserrat Magallanes”, segundo manifestan os populares de A Guarda. 

 Realizado o pleno de organización do  Concello de A Guarda, “Roberto José Álvarez Carrero renunciou a cobrar do Concello de A Guarda e emendou a proposta de asignación á alcaldía retirándoa da orde do día” 

 Asemade, “o equipo do goberno municipal do Concello de A Guarda está a realizar unha auditoría económica coa Intervención e Tesourería do concello para cuantificar monetariamente as débedas e falta de xestión do anterior rexedor e a súa concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes, actualmente portavoz e concelleira na oposición do PSOE”.

 Así, no mencionado pleno organizativo, “aprobáronse só tres asignacións a concellerías do grupo de goberno por valor de 99.000 euros brutos anuais (33.000 euros brutos por cada unha) realizando unha rebaixa de 73.000 euros en relación aos salarios que no ano 2019 asignou o anterior bipartito de A Guarda formado por PSOE e BNG cuxas asignacións ascenderon aos 172.000 euros”. 

 “O significativo do pleno organizativo é que o grupo municipal do PSOE, agora encabezado por Montserrat Magallanes, votou en contra da rebaixa de salarios que se propoñía á corporación municipal cando ela cobrara anteriormente, 35.000 euros”.  


Gráfica salarial comparativa
Fonte: PP de A Guarda

 “Cinismo puro”, afirman desde o Partido Popular da Guarda. “A actitude da Sra. Magallanes é lamentable: vota en contra de aforrarlle diñeiro aos guardeses e guardesas cando ela cobraba máis anualmente que o que propuxemos e aprobamos”. E os populares continúan asegurando: “Montserrat Magallanes retrátase claramente e expón publicamente a actitude que o grupo socialista da Guarda seguirá neste mandado: bloqueo permanente e entorpecer o labor do grupo de goberno”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario