Encontro Nacional de Delegadas
Este mércores, día 7 de xuño, no Auditorio Municipal de Vigo e diante da Inspección de Traballo (rúa Cánovas del Castillo), ás 10:00 e 12:00 horas, respectivamente
Infogauda / Vigo
A Secretaría das Mulleres da CIG celebra un Encontro Nacional de Delegadas no marco da campaña 'Imos rematar coa fenda salarial' para abordar as discriminacións retributivas que padecen as traballadoras, identificar as causas, exemplificar con casos concretos e reclamar medidas urxentes para rematar con esta situación. O Encontro terá lugar no Auditorio Municipal vigués ás 10:00 horas.
Ao seu remate, por volta das 12:00 horas, as participantes desenvolverán unha concentración diante da Inspección de Traballo para denunciar a inacción da autoridade laboral a respecto desta problemática, xa que dos preto de 40 casos achegados pola CIG nos últimos dous anos só constan tramitados 17, sen que se saiba se houbo actuacións ou que actuacións se levaron a cabo no resto de denuncias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario