7 de xuño de 2023

TUI

Ruta Literaria por Tui dentro do programa Tui en Letras 

Partirá este venres ás 19.30 horas, da Biblioteca Municipal  




Infogauda / Tui

 Dentro da programación de ‘Tui en Letras’ este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui  na que os participantes percorreran diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses coma a casa familiar dos Álvarez Blázquez, a residencia vacacional de Camilo José Cela, a antiga igrexa de San Xoán do Porto vinculada co troveiro medieval Golparro, a rúa onde residiu o historiador Francisco Ávila y Lacueva, … 

 Tamén se visitarán outros enclaves relacionados con Faustino Rey Romero, María Tydeska (María Gloria Pereira). 

 Sairá as 19.30 horas dende a Biblioteca Municipal, no edificio Francisco Sanchez.  

 Para a concelleira de Cultura en funcións, Sonsoles Vicente, esta actividade vincula o patrimonio material tudense co acervo cultural legado polos escritores e literatos que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva, moitos deles hoxe case esquecidos. Con esta actividade a concellería de Cultura do Concello de Tui continua avanzado no programa “Tui en letras” que, ao longo dos meses de abril, maio e xuño, ven ofertando un amplo programa de actividades de promoción da lectura e a lingua galega. Un programa que conta co colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.  

 A asistencia é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario