28 de xuño de 2023

OIA

Campaña de detección precoz do cancro de mama para as veciñas de Oia   

 



Infogauda / Oia

 O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama, consistente na realización de mamografías gratuítas a mulleres de entre 50  e 59 anos, comeza a súa campaña en Oia o vindeiro 4 de xullo.  

 O programa é unha iniciativa da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, a través da que se facilita a realización das anteditas probas, así como opcións gratuítas de transporte ata o hospital onde se levan a cabo. Nese caso, as mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, situada no Hospital  Meixoeiro de Vigo (Consultas externas, planta -1).  

 Mediante unha carta, ás mulleres das idades incluídas no programa comunicaraselle o día, hora e lugar ao que teñen que acudir. As que, cumplindo os requisitos de idade non teñan recibido a carta, poden chamar ao teléfono 981 14 14 14, onde lles darán unha cita.   

Servizo de transporte gratuíto  

 O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama tamén pon a disposición das usuarias un medio de transporte gratuíto para facilitar o traslado dende o concello de Oia ata a Unidade de Exploración sita no Hospital Meixoeiro.  

 Dependendo da hora á que teñan cita na Unidade de Exploración, as paradas e horarios do autobús serán os seguintes: 

- Santa María de Oia (diante do Concello): ás 8:00 e ás 11:30 horas. 

- Viladesuso (parada de autobús): ás 8:05 e ás 11:35 horas. 

- Mougás (parada de autobús): ás 8:10 e ás 11:40 horas.  

  O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que se alguén o desexa pode acudir á cita polos seus propios medios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario