XORNDA DE FÚTBOL GAÉLICO
Sábado 10 de xuño, ás 16:00 h., no Campo da Mata (O Rosal)
Grovias Fútbol Gaélico / O Rosal
Este sábado 10 terá lugar no Campo de Fútbol da Mata unha xornada de fútbol gaélico mixto. Será ás 16h, organizada pola equipa local Gróvias F.G.
Disputaranse un total de tres encontros, nun formato triangular onde a equipa do Baixo Miño enfrontarase a dous combinados conformados por integrantes doutras equipas do país. Contaremos coa presenza de xogadoras de Condado Gaélico, Berobreo F.G.M., Afiadoras F.G., Estrela Vermelha e Keltoi Vigo.
Animamos a veciñanza do Baixo Miño a achegarse pola Mata para desfrutar desta xornada e descubrir o fútbol gaélico.
Agardámosvos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario