2 de xuño de 2023

DEPORTES

A Xunta de Galicia patrocina o maillot amarelo da ‘I volta ciclista ao Baixo Miño’, que se celebra este domingo 4 de xuño  

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e Aser Estévez, en representación dos organizadores do Team Oiense, presentaron esta mañá a prenda que distinguirá ao gañador da proba no edificio administrativo da Xunta en Campolongo


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e Aser Estévez, en representación dos promotores, presentaron esta mañá a prenda que distinguirá ao gañador da proba

Foto: X.G.

Infogauda / Deportes

 A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, patrocina o maillot amarelo a I Volta Ciclista ao Baixo Miño, que se estrea este domingo 4 de xuño percorrendo os cinco concellos desta bisbarra baixo a organización do Team Oiense.

 Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e Aser Estévez, en representación dos promotores, presentaron esta mañá, no edificio administrativo de Campolongo, a prenda que distinguirá ao gañador da proba, que contará coa participación de máis de 120 ciclistas maiores de 19 anos nas categorías Elite e Sub-23.

 O representante autonómico quixo agradecer ao clube “o seu enorme traballo ao longo de todo o ano na organización de competicións e, especialmente, esta nova aposta para dotar á bisbarra do Baixo Miño dunha carreira de primeiro nivel que percorrerá os seus cinco municipios e que se enmarca no calendario da Copa Galicia 2023”.

 Ademais, esta competición, que nace con vocación de continuidade anual e de consolidación no panorama das carreiras ciclistas de Galicia, contará coa participación de deportistas procedentes de diferentes puntos de España, como Asturias, Cantabria, Castela e León e Madrid, e incluso dalgunha escadra procedente de Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario