26 de xuño de 2023

A GUARDA

O Ciclo Mestre Mateo 2023 continuará coa proxección de “Life is life”  

Xoves día 29 de xuño, ás 21:00h no Centro Cultural da vila  




Infogauda / A Guarda

 Continúa na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais de Galicia, para poder amosar o mais novidoso e relevante do noso cinema nas vilas galegas.

 Esta proposta que tivo a súa primeira edición o pasado ano 2022, suma neste 2023 novas localidades entre as que se atopa  a vila de A Guarda. 

 O ciclo conleva a proxección de 8 filmes, de ficción, documental e animación que se proxectarán entre os meses de xuño e novembro.  

 O ciclo continúa coa a longametraxe Live is life (Dani de la Torre, 2022) que poderá verse este xoves día 29 de xuño ás 21:00 horas, no Centro Cultural da vila.  

 Durante o verán o ciclo fará unha pausa para retomarse no mes de outubro, cando poderemos ver a gran gañadora da edición 2023: O Corpo Aberto, que se fixo con 12 galardóns na presente edición dos premios Mestre Mateo 2023. Outros filmes que teremos a oportunidade de ver nos meses de outubro son:  o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, e Unicorn Wars, recoñecidas como Mellor documental e Mellor longametraxe de animación, respectivamente. O filme de animación Valentina, que foi gañadora no 2022 do Goya á mellor longametraxe de animación, así como os documentais A foreign song (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; e Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.  

 Na web ciclomestremateo.gal pódese consultar toda a información do ciclo, así como as fichas das películas e a axenda de proxeccións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario