O concello de A Guarda celebrou o obradoiro “As abellas e as aromáticas”
• Que tivo lugar na Fortaleza de Santa Cruz
Infogauda / A Guarda
O concello de A Guarda celebrou o pasado venres día 23 de xuño, na Fortaleza de Santa Cruz, un obradoiro o aire libre para os máis pequenos.
O obradoiro “As abellas e as aromáticas” foi unha actividade enmarcada dentro do ciclo medioambiental Sostendo o Futuro, que chega este ano á súa terceira edición tratando neste caso sobre a importancia dos polinizadores, sobre todo centrándose nas abellas.
Xogando, as crianzas xunto cos seus acompañantes, puideron aprender como son as colmeas é como as abellas producen o mel, a cera, e outros productos relacionados coa súa actividade, e contribúen a polinización, un labor tan importante para o ser humano e para a biodiversidade en xeral.
Tamén se tratou sobre as plantas aromáticas e a súa importancia, ademais de facer uns pequenos saquiños para poder deixar a serenar en auga na noite de san Xoan e lavarse a faciana o día seguinte pola mañá. Por ese motivo o concello repartiu a cada participante un ramiño coas plantas e flores para que esa noite as crianzas da Guarda as puxesen a remollo.
O concello quere agradecer a Asociación Cultural Alfombras da Guarda que sempre está disposta a colaborar e encargouse da realización dos ramos, para así perdurar unha tradición que facían as nosas avoas, as nosas nais e para que continúe nas xeracións máis novas.
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario