16 de xuño de 2023

A GUARDA

“Remando ao vento. A figura como paisaxe e emoción”

Unha mostra do valor artístico de Carmen Gloria Sobrino Sánchez


Carmen Gloria Sobrino Sánchez no momento da inauguración da mostra pictórica
Fotos: C.A.G.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Con importante éxito de asistencia de público vén de inaugurarse na Casa dos Alonso, a exposición “Remando ao vento. A figura como paisaxe e emoción”, da pintora Carmen Gloria Sobrino Sánchez. 

 Logo da presentación efectuada por Teresa Espejo Guardiola, técnica de Cultura do concello de A Guarda, a pintora ourensá - de ascendencia guardesa -, afincada dende fai anos na vila do Trega, afirmou non considerarse unha artista, senón unha persoa que ao longo do arco da vida, vai na procura dos momentos gratos e das emocións. E decir, do que realmente paga a pena desfrutar na existencia. 

 Carmen Gloria Sobrino dixo tamén que nas súas creacións traballa habitualmente con técnicas mixtas (acrílico / cera, óleo / lápis, colaxe,...).

 Os xéneros preferidos dela son as paisaxes, as figuras e as abstraccións.


Maternidade
(Tècnica mixta)
Foto: Santiago Baz

 Asemade, anunciou que vai estar na exposición, porque encántalle á interacción coas persoas que á visiten.

 Non fixo mención da súa formación academica nin do seu amplo labor no ámbito docente, pero dende fai anos, temos coñecemento do seu brillante currículo e podemos afirmar que Carmen Gloria Sobrino Sánchez fixo do seu amor pola arte a súa principal devoción e modus vivendi.  

 Dito iso, queremos salientar que “Remando ao vento. A figura como paisaxe e emoción” é unha escolma do labor creativo que á autora viu realizando ao longo de varias décadas, ainda que esta é a primeira vez que expón na vila de A Guarda, onde ten a maior parte da súa familia.

 A mostra que presenta é tan heteroxénea como poderosa. E nela, o debuxo de base é certeiro - especialmente nos rostros -, logrando expresións cativadoras e ao mesmo tempo serenas.

 As cores adoitan ser cálidas, máis sen ningún tipo de estridencia. Dese xeito a paleta desta artista non se cingue a un cromatismo concreto, senón que percorre toda a gama posible, tratando o matérico dun xeito moi persoal, sen necesidade de recorrer a efectismos innecesarios.

 A verdade é que contemplar ás obras que configuran a exposición “Remando ao vento. A figura como paisaxe e emoción” é unha experiencia moi grata, motivo polo cal exhortamos a que todas ás persoas que o desexen, se acheguen a sala de exposicións e poidan desfrutala tamén.

 A mostra poderá visitarse nos seguintes horarios:  

De luns a venres de 10:00 a 13:30h., sendo atendida polas tardes só os xoves, venres e sábados, entre ás 19:00 e ás 20:30h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario