18º CONCURSO DE FOTOGRAFIA XURXO LOBATO
As fotografía premiadas estarán expostas no Museo do Pobo Galego, ata o vindeiro 25 de xuño
MPG / Santiago de Compostela
Este Concurso de Fotografía vai destinado para alumnos/as de bacharelato, FP e artes de Galicia menores de 21 anos.
Téntase potenciar a fotografía como un medio de expresión, creación e comunicación entre os escolares galegos.
Este certame, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos, esta apoiado por Gadis e máis o Concello da Coruña.
Acta do xurado:
Na sede da Real Academia Galega de Belas Artes na Casa do Consulado da rúa Panadeiras da Coruña, sendo as 17.10 do luns 27 de marzo de 2023, reúnese o xurado para decidir o 18º premio Xurxo Lobato de fotografía, correspondente ao corrente ano 2023. O xurado, nomeado para o efecto pola Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, concorre na súa totalidade e está integrado por Xosé Antón Fraga (Presidente), Xurxo Lobato, Marcos Sánchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema (Secretario).
Logo dunha demorada análise das obras recibidas o Xurado, por unanimidade, acordou o outorgamento dos premios as seguintes persoas:
PERSOAS AGASALLADAS NO 18º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO (2023)
1º PREMIO ROSALÍA RODRÍGUEZ CRUZ, DA EASD RAMÓN FALCON DE LUGO. TÍTULO DA FOTO: “FUME”
2º PREMIO IRENE MÉNDEZ FERNÁNDEZ, DO IES ADORMIDERAS DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “SOMBRAS Y REFLEJOS”
3º PREMIO AIRAM GABRIELA CERA RODRÍGUEZ, DO IES ADORMIDERAS DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “PERFUME DE NUBES”
FINALISTAS
- VERA CHICOTE VIZCAÍNO, DO IES MONTE DAS MOAS DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “NEBOA”
- GUILLHERME DA SILVA TEODORO DE OLIVEIRA SILVA, DA EASD RAMÓN FALCON DE LUGO. TÍTULO DA FOTO: “MIRANDO O PASADO”
- ÁNGEL GONZÁLEZ CASADO, DO IES EUSEBIO DA GUARDA DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “UNHA SÓ”
- AINE GONZÁLEZ RELLÁN, DA EISV DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “MEDUSA”
- EMMA ARANGO, DO IES EUSEBIO DA GUARDA DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “PORTA ABERTA A LUZ”
- SARA RODRÍGUEZ CANCELA, DA EASD MESTRE MATEO DE SANTIAGO. TÍTULO DA FOTO: “NIN SUMISA, NIN CALADA, MULLER EMPODERADA”
- LEILA GARCÍA LÓPEZ, DO IES EUSEBIO DA GUARDA. TÍTULO DA FOTO: “ DALLE A VOLTA”
- TOMÁS VILLASUSO GARNACHO, DO IES ADORMIDERAS. TÍTULO DA FOTO: “OLOR A PRIMAVERA”
- LUCÍA OTERO PAZOS, DO IES AUDIOVISUAL DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “DOLORES REZA RIVAS”
- ESTHER LÓPEZ ÁLVAREZ, DA EASD RAMÓN FALCON DE LUGO. TÍTULO DA FOTO: “CARMEN”
- CLHOE CAAMAÑO LONGUEIRA, DO IES ADORMIDERAS. TÍTULO DA FOTO: “MIÑA LEE MILLER”
- CELIA VIÉITEZ PEÓN, DO SANTIAGO APÓSTOL DE PONTEVEDRA.TÍTULO DA FOTO: “REENCONTRO”
- ALDARA PITA PICO, DA EASD PABLO PICASSO. TÍTULO DA FOTO: “LOST”
- ANA LAVILLA FOLGUEIRAS DO CPR HIJAS DE CRISTO REY DE OLEIROS. TÍTULO DA FOTO: “BALANCEO”
- ANA LOURIDO FERNÁNDEZ, DO IES AUDIOVISUAL DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “EL REFLEJO DEL MAR EN TI”
- DAMIÁN SILVA SÁNCHEZ, DA EISV DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “VEXETACION PRIMARIA”
- DAN GRIGORE, DO IES AUDIOVISUAL DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “COMO TÚ”
- INÉS AGUADO COUSELO, DO IES CONCEPCION ARENAL DE FERROL. TÍTULO DA FOTO: “BOTANDO UNHA MAN”
- LEO ABRIL LAFUENTE, DO IES VALADARES DE VIGO. TÍTULO DA FOTO: “PINGA A PINGA”
- GAEL CHICOTE VIZCAÍNO, DO IES MONTE DAS MOAS. TÍTULO DA FOTO: “CHASCA COMUN”
- SARA TORNAY BARREIRO, DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCIA. TÍTULO DA FOTO: “CRISTAL DE ALTURA”
- SEBASTIÁN MORENO VERGARA, DO IES MENÉNDEZ PIDAL DA CORUÑA. TÍTULO DA FOTO: “UN ATARDECER DESDE LAS ALTURAS”
Ningún comentario:
Publicar un comentario