Antonio Lomba reivindica “a solvencia do noso proxecto para A Guarda” nun acto no que recibiu o apoio de Formoso, Besteiro e Regades
• “Antonio é o mellor exemplo do que conseguimos os socialistas cando gobernamos”, asegura o secretario xeral do PSdeG-PSOE
Infogauda / A Guarda
Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda e candidato do PSdeG-PSOE á reelección, nas municipais de 28 de maio, reivindica “a solvencia, a seriedade e a garantía de progreso para A Guarda do noso proxecto”.
Os socialistas da Guarda celebraron un acto multitudinario no que contaron co apoio do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o delegado do Goberno de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral provincial, David Regades Fernández.
“Poño en valor a súa capacidade de xestión, Antonio Lomba é o mellor exemplo do que conseguimos os socialistas cando gobernamos”, asegurou o secretario xeral do PSdeG, “chamando a todas as portas para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas”.
“Estou seguro de que vai ter un respaldo masivo polo que leva feito, cunha transformación da Guarda que continuará nos próximos catro anos”, engadiu Formoso.
Pola súa parte, David Regades destacou “a capacidade de traballo de Antonio Lomba e Montse Magallanes, innovando cada día e predicando co exemplo, o único que fan e traballar polo seu concello", lembrando “as súas xestions para desbloquear o polígono industrial ou para lograr o acceso sur ao porto da Guarda”.
Antonio Lomba con Valentín González Formoso e José Ramón Gómez Besteiro
O candidato á alcaldía, Antonio Lomba, afirmou que "executamos máis do 80% do programa electoral e acadamos máis de sete millóns de euros de investimentos para o concello neste mandato, incluídos fondos europeos”, polo que afronta estas eleccións “con optimismo, convencido de que representamos a máis seria opción de goberno para A Guarda”.
Candidatura do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. Don ANTONIO LOMBA BAZ
2. Doña MARIA MONTSERRAT
MAGALLANES ÁLVAREZ
3. Doña FÁTIMA RODRÍGUEZ MARCOS
4. Don RAFAEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ
5. Doña LUCÍA TRIGO GONZÁLEZ
6. Don ALEJANDRO GONZÁLEZ
VICENTE
7. Don PABLO WOODWARD ALBERTE
8. Don MIGUEL SOUSA ALFONSO
9. Doña BÁRBARA DOMÍNGUEZ
GONZÁLEZ
10. Doña MARÍA DEL CARMEN
COVADONGA MOSQUERA PÉREZ
11. Don MARCOS FREITAS BAZ
12. Doña MARÍA LUZ ALONSO
CARRERO
13. Don JOSE ANTONIO MORALEDA
SANTOS
14. Doña MARÍA ELENA BAZ RODRÍGUEZ
15. Doña MARÍA TERESA VICENTE
BAZ
16. Doña MARÍA LUISA BAZ
VICENTE
17. Don MIGUEL ÁNGEL ESPAÑOL
OTERO
SUPLENTES
1. Don PAULINO RODRÍGUEZ
GONZÁLEZ
2. Doña MARINA GONZÁLEZ
GONZÁLEZ
3. Don JOSE LUÍS PACHECO
GONZÁLEZ
4. Doña CARMEN MARÍA CASTRO
GONZÁLEZ
5. Don PEDRO BORRAJO RIVAS
6. Doña JULIA MARÍA DE LA
PURIFICACIÓN SOBRINO GONZÁLEZ
7. Don JOSE MANUEL DOMÍNGUEZ
FREITAS
Candidatura do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) á Entyidade Local Menor de Camposancos
1. MARÍA MONTSERRAT MAGALLANES ÁLVAREZ.
SUPLENTES
1. ALBERTO LOMBA GONZÁLEZ
2. JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ
FREITAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario