25 de maio de 2023

A GUARDA

Abertas as inscricións para participar no  Curso de Plantas Medicinais     




Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso de “Plantas Medicinais” dirixido preferentemente a persoas maiores de 50 anos.  

 Neste curso preténdese coñecer e diferenciar os tipos de plantas con capacidades terapéuticas; entender e aplicar as técnicas para sementar, coidar, recolectar e tratar as plantas medicinais; e comprender as ferramentas básicas para desenvolver a actividade e as orixes destas técnicas e procesos.  

 Esta formación ten unha duración de 30 horas e dará comezo o martes día 20 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 12:30 h. no local social da asociación.  

 Esta actividade enmárcase dentro do “Programa Depo en Marcha” en colaboración coa Deputación de Pontevedra.  

 Coa finalidade de dinamizar a participación nesta actividade que xera un gran interese, daráselle prioridade ás persoas socias/os da asociación e a aquelas que nunca participaron nesta formación.   

 As persoas interesadas que desexen inscribirse deberán achegar o DNI contactando no teléfono 640 086 376 (WhatsApp) ou de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º Piso); 36780 - A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario