Anxo Lois Baz presenta un programa con oito ideas do BNG para transformar A Guarda
• O candidato nacionalista deu a coñecer xunto con parte do seu equipo as claves para desenvolver un modelo de vila participativo e dinámico no que as persoas sexan o centro
Infogauda / A Guarda
O candidato do BNG á alcaldía da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, presentou xunto cos nove primeiros membros do seu equipo, “un completo programa electoral para unha transformación en positivo no que as persoas son o centro, unha alternativa de cambio para desenvolver un modelo de vila participativo e dinámico”.
“Oito ideas para transformar A Guarda con varias ideas clave, como a recuperación do espazo público para a veciñanza, lugares de lecer e convivencia, de calidade, accesíbeis e seguros. Un proxecto para o que será fundamental desenvolver o PERI nº 5” xa que, como explica Anxo Lois Baz, “permitirá dotar á nosa vila de 15.000 m2 de solo público que, sumado á Alameda, permitiría crear unha grande área destinada a zonas verdes, aparcamentos en superficie e infraestrutura cultural”.
“A dinamización da economía local e a potenciación dos recursos son outro dos eixos fundamentais do programa do BNG, que apostará por dinamizar o comercio de proximidade convertendo A Guarda no gran referente comercial da comarca, apoiará todas as iniciativas empresariais vinculadas ao sector do mar e outros sectores produtivos e desenvolverá un modelo turístico sostíbel e desestacionalizado respectuoso co patrimonio natural, histórico e paisaxístico.
Un patrimonio material e inmaterial que o BNG abordará non só como recurso, senón tamén como elemento central da conformación e cohesión, cunha recuperación que estea integrada na vida cotiá da veciñanza e na estratexia educativa, cultural e turística do Concello, creando paquetes de actividades que poñan valor os recursos e colaborando con outras administracións para a recuperación e activación do Monte Trega, tendo como referencia o Plan Director do Trega”.
Na presentación do programa, Anxo Lois Baz tamén quixo destacar “a importancia de promover fomentar unha Guarda máis limpa e sostíbel promovendo un modelo de xestión dos residuos municipais apoiado na implicación e participación de toda a sociedade, apostando de forma decidida pola compostaxe e a redución”. Ademais, “impulsarase un sistema de control da rede de augas para arranxar as deficiencias existentes e detectar outras novas que poidan xurdir, tanto en abastecemento como saneamento”.
“O BNG da Guarda apostará tamén por unha comunicación eficaz e sostíbel con Caminha. Unha necesidade de primeiro orde para xerar dinamismo económico e social entre as dúas beiras do Miño”. Por este motivo, “Anxo Lois Baz e o seu equipo abriría as portas á constitución da Eurocidade para compartir infraestruturas, recursos, proxectos e accións en común”.
“Un proxecto de futuro no que as persoas son fundamentais, polo que o BNG apostará por unha política na que a comunicación coa sociedade e a escoita amábel serán fundamentais para lograr un Concello amigo e próximo aos problemas da veciñanza, un Concello que contará coa participación de colectivos e entidades nos procesos de toma de decisión dos seus ámbitos sectoriais”.
“Contar cos nosos veciños e veciñas, escoitar as súas opinións, ideas e necesidades é fundamental para seguir avanzando e crear unha vila máis próspera e sostíbel. E nós centraremos todos os nosos esforzos en conseguilo. Porque A Guarda merece máis”, concluíu Anxo Lois Baz.
As persoas interesadas poden ler e descargar o programa completo na web do BNG da Guarda.
Candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)
1. Don ANXO LOIS BAZ VICENTE
2. Doña BEATRIZ LOMBA RODRÍGUEZ
3. Don RODRIGO PACHECO ALONSO
4. Doña NURIA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
5. Don XOSÉ MANUEL MÉNDEZ DÍAZ
6. Don JOSÉ MIGUEL FERNÁNDEZ
LOMBA
7. Doña SARAI GONZÁLEZ GONZÁLEZ
8. Don ÁLVARO LAMAS BAÑOS
9. Doña LORENA DE LOS ANGELES
DIZ
10. Don SIMÓN UBEIRA ACUÑA
11. Doña ELSA ROCHA GARCÍA
12. Don SERAFÍN FERNÁNDEZ
PORTELA
13. Doña CARMEN MARTÍNEZ
MARTÍNEZ
14. Don RUBÉN ADROVER ÁLVAREZ
15. Don DANIEL PORTELA MACUA
16. Doña FÁTIMA MARÍA GONZÁLEZ
BAZ
17. Don ANTONIO GONZÁLEZ
ÁLVAREZ
SUPLENTES
1. Doña GLORIA INÉS VÁZQUEZ
CASTRO
2. Don RODRIGO BAZ PACHECO
3. Doña MARÍA AURORA ÁLVAREZ OTERO
Candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.) á Entidade Local Menor de Camposancos
1. MARÍA MERCEDES MARTÍNEZ
VÁZQUEZ “MERCHI”.
SUPLENTES
1.RICARDO FERNANDO PORTELA
VILAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario