16 de maio de 2023

A GUARDA

SEAREIROS E VECIÑANZA, ASISTIRON Á RECEPCIÓN AS SUBCAMPIOAS DA COPA DE EUROPA DE BALONMAN FEMININO

 O evento tivo lugar na Casa do Concello de A Guarda


Xogadoras, equipo técnico e membros da xunta directiva, nos balcóns da Casa do Concello, recibindo os aprausos do público congregado na praza do Reloxo
Fotos: Infogauda



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Coa asistencia de representantes municipais, seareiros, veciñas e veciños de A Guarda, ás 20:30 horas deste martes día 16 de maio de 2023, tivo lugar á recepción as subcampioas da Copa de Europa de balonman feminino. Un evento promovido polo Concello de A Guarda, para agradecerlle ao equipo Mecalia Atlético Guardés todo o labor realizado nesta tempada 2022-2023 que vén de rematar e na que as xogadoras do equipo senior feminino voltaron a facer historia, logrando chegar a semifinais da Copa da Raíña, quedar subcampioas da Copa de Europa e rematar a competición da Liga na 6ª posición da táboa. E todo, a un ritmo frenético de encontros a disputar, para atender todos os compromisos de cada momento. Por todo ese esforzo - físico e mental -, unha vez máis, as xogadoras fixéronse acredoras dos máis que merecidos aprausos con que foron recibidas na praza do Reloxo, onde unha representación da cidadanía guardesa e da afección, lles agardaba para transmitirlles a elas, ao equipo técnico e aos membros da xunta directiva e colaboradores, o agradecemento por esta travesía na que tanta ilusión xeraron nos afeccionados ao deporte do balonman e tamén, en xeral, nas persoas que temos a sorte de haber nacido e de residir neste fermoso pobo. 

 Grazas a todo o moito e bo, logrado polo Mecalia Atlético Guardés ao longo da súa traxectoria, a vila de A Guarda é un referente no balonman a nivel autonómico, nacional e internacional. 

 Por iso, a recepción as xogadoras foi un sinxelo xesto de agradecemento.  E elas, unha vez máis, tamén souberon estar á altura como persoas nobres que son, xa que ademáis da súa actividade deportiva teñen uns valores e un saber estar, dignos de eloxio.

 Uns modestos ramos de flores que o alcalde, a concelleira de Deportes e varios membros da corporación municipal lles entregaron na mesma praza do Reloxo, moi preto das persoas que ás recibiron con aprausos, e posteriormente, xa nos balcóns da Casa dos Alonso, á presentación de cada unha delas que foi correspondida con simpatía por todas ás persoas congregadas nese lugar, daría paso a unhas breves intervencións de Marisol Carratú - unha das capitanas do equipo -; da adestradora Ana Cristina Teixeira Seabra; do presidente do club, Jesús López González; e do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz. Todas as intervencións, sen excepción, foron de agradecemento, porque era o que correspondía - e corresponde - nestes casos. 

 A singradura rematou dese xeito. Sinxelo, pero moi fermoso e tamén emotivo. 
 
 Agora a tripulación necesita repoñer forzas antes de comezar unha nova temporada na que xa está traballando á xunta directiva e na que o equipo voltará a xerar renovada ilusión e espírito deportivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario