16 de maio de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda abre o prazo de solicitudes para o Campamento urbano de verán  

Do 22 de maio ao 2 de xuño  




Infogauda / A Guarda

 A partir do 22 de maio e ata o 2 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto  en horario de 9 a 14  horas, para nenos e nenas de 4 (nacidxs no 2019) a 12 anos. O principal obxectivo deste actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo de lecer que representa o verán tras rematar o período lectivo.  

 Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas,…,  pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.  

 As bases e solicitude poderanse consultar e/ou obter na web do Concello de A Guarda ou na sede electrónica da entidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario