16 de maio de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Medalla de ouro individual e unha prata en substitucións mixtas 4 x 60 m.l. por equipos

 Para a Sociedade Atlética do Trega, no provincial de Xogade en pista ao aire libre


Sergio Silva Souto - no centro - logrou o título de campión provincial Xogade

O equipo de substitucións mixtas 4 x 60 m.l. acadou á medalla de prata

Xoel, Daniela, Carmen e Sergio


Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana celebrouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), en Pontevedra, o provincial Xogade categoría alevín + benjamín por equipos da provincia de Pontevedra. 

 Ata alí desprazáronse, varios atletas nosos da base, participando en varias probas (lonxitude, 60m.l., pelota), pero os mellores resultados foron a cargo do tomiñés, Sergio Silva Souto que levou o título de campión provincial Xogade, na proba de 500 m. l.  parando o crono en 1´27" 88. 

 E por último o conxunto formado polos tomiñeses- rosaleiros, Carmen Martínez Ozores, Xoel Pérez Montero, Daniela Asensio Loenzo e Sergio Silva Souto levaron a prata nas substitucións mixtas 4 x 60 m.l. sumando 36" 77. 

 Felicidades a todas/os!

Ningún comentario:

Publicar un comentario