Aftersun, una viaxe de emocións
• O xoves 13 de abril, ás 20:30 horas, no Cineclub Poleiro
Rita Alonso / Goián
O xoves 13 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxectará o filme Aftersun (2022), ópera prima da británica Charlotte Wells.
Sinopse:
Sophie reflexiona sobre a alegría compartida e a melancolía privada dunhas vacacións que fixo co seu pai 20 anos atrás. Os recordos reais e imaxinarios enchen os espazos entre as imaxes mentres tenta reconciliar ao pai que coñeceu co que non coñeceu.
Cun formato de contrastes busca marcar a intimidade mesturando gravacións caseiras para ofrecer experiencias e os sentimentos das personaxes. Atención á banda sonora.
Premios:
Premios Oscar: Nominada a mellor actor (Paul Mescal).
Premios BAFTA: Mellor debut. 4 nominacions, incl. mejor film británico.
National Board of Review (NBR): Mellor dirección novel e Top películas do ano.
Círculo de Críticos de Nueva York: Mellor ópera prima
Tori e Lokita
O xoves 4 de maio, Tori e Lokita, dos cienastas belgas Jean Pierre e Luc Dardene. Unha denuncia sobre as mafias que explotan aos inmigrantes máis vulnerables premiada en Cannes
Close
O xoves 1 de xuño, a película belga Close, dirixida por Lukas Dhont, un poema sobre a amistade, o duelo e a culpa, protagonizada por dous amigos de 13 anos tratada con gran sensibilidade.
Premio:
Gran Premio do xurado no festival de Cannes.
Bono participativo: 12 euros.
O Cineclub Poleiro conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario