12 de abr. de 2023

GALIZA

O colectivo de xubiladas e pensionistas da CIG volve ás rúas este xoves en defensa dunhas pensións dignas 

 Aproveitarán as mobilizacións para recoller sinaturas en demanda de atención presencial 

    


Infogauda / Compostela

 O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG volve saír ás prazas e rúas das cidades galegas este xoves, día 13 de abril, para exixir a revalorización das pensións conforme ao IPC acumulado a final de ano e a recuperación dos dereitos perdidos en canto ás pensións. Un obxectivo para o que consideran que é precisa a derrogación das reformas das pensións, empezando pola de 2011 até a aprobada o mes pasado. 

 O colectivo denuncia que coas segundas pensións máis baixas do Estado son dos máis castigados pola suba desbocada dos prezos dos produtos básicos, nomeadamente a dos alimentos. 

CONCENTRACIÓNS 

Ferrol: 11.30 h, INSS (Rúa Catalunya) A Coruña: 11:00 h, diante da Casa do Mar + recollida de sinaturas 

Santiago: 11:00 h, Praza do Toural 

Lugo: 10.30 h, Edificio Administrativo Xunta (Ronda da Muralla) 

Ourense: 11.30 h, INSS (Parque de San Lázaro) + recollida de sinaturas 

Vigo: 11h, Travesas Pontevedra: 11:00 h, diante do Hospital Provincial  

 O colectivo anuncia que aproveitará estas convocatorias para recoller sinaturas da campaña que veñen desenvolvendo desde o pasado mes de febreiro en demanda de atención presencial en servizos como a banca, as administracións públicas ou a atención sanitaria. 

 Ademais ten previsto instalar mesas o vindeiro xoves, día 20 de abril, en Vilagarcía e o 27 de abril en Marín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario