7 de abr. de 2023

DEPORTES

Todo a punto para á carreira de obstáculos de Los Gemelos Race

 Será o domingo día 30 de abril, entre Loureza e Figueiró


A alcaldesa e concelleiros de Oia, con representantes municipais de Tomiño e membros da organización, no acto de presentación da carreira 

Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 Vén de ser presentada a carreira de obstáculos de Los Gemelos Race, entre Loureza e Figueiró (Tomiño), que se celebrará o domingo 30 de abril.  

 A proba é unha mestura de carreira de montaña e carreira de obstáculos, desenvolverase na súa maior parte por unha contorna natural, onde case non se pisa asfalto. 

 A carreira empezará en Loureza (Oia) e terminará en Figueiró (Tomiño), onde os participantes serán trasladados en autobús desde a zona de entrega de dorsais e meta (Figueiró) ata a saída (Loureza). 



 

 Durante a carreira haberá todo tipo de obstáculos. 

 Hai dous tipos de modalidades: unha chamada elite, onde os corredores levan chip e contabilízaselle o tempo e os obstáculos que non sexan capaces de pasar penalízalles, estes requiren dunha forma fisica e mental dun nivel alto. E a quenda popular, onde pode participar calquera persoa independentemente da súa forma física, nin tempo de finalización. O importante é a diversión.

 Máis información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario