O MONUMENTO AO DOUTOR JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI DISPOSTO PARA SÚA INAUGURACIÓN
• O sábado día 15 de abril, trala sesión plenaria extraordinaria na que o lembrado médico será decrarado fillo adoptivo de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Baixo a supervisión personal in situ do seu autor, o escultor Magín Xulio Picallo Durán - malia estar convalecente logo dunha recente intervención cirúrxica - no día de hoxe, operarios do Concello de A Guarda e da empresa Obelisco, respectivamente, procederon á instalación do monumento ao relembrado médico Joaquín Lemos Zunzunegui, coñecido popularmente como Tito Lemos.
Como xa temos informado neste xornal dixital transfronteirizo, o devandito monumento será inaugurado o vindeiro sábado día 15 de abril, no espazo privado de uso público, sito na rúa Manuel Álvarez, trala sesión plenaria extraordinaria, que ás 12:00 horas, terá lugar na Casa do Concello de A Guarda, e na que como único punto na orde do día figura a proposta de declaración como fillo adoptivo do Concello da Guarda de don Joaquin Lemos Zunzunegui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario