13 de abr. de 2023

A GUARDA

BAIXO O LEMA: "A PESCA E OS NOSOS MARES NON SE POXAN"

A CONFRARÍA DE PESCADORES "SANTA TECLA", ACOLLEU UNHA XORNADA SOBRE OS PARQUES EÓLICOS MARIÑOS


Aspecto que ofrecía o salón de actos da Confraría de Pescadores "Santa Tecla", no acto celebrado na tarde de onte para tratar sobre o proxecto de instalación de parques eólicos mariños fronte as costas galegas

Fotos: Santiago Baz Lomba

Infogauda / A Guarda

 O salón de actos da Confraría de Pescadores "Santa Tecla", de A Guarda, acolleu na tarde de onte unha xornada para falar sobre á instalación de parques eólicos nos POEM (Plans de ordenación do espazo marítimo) aprobados recentemente polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). 

 A xornada iniciouna Rubén Adrover Álvarez, o patrón maior da Confraría de Pescadores "Santa Tecla", que presidíu a mesa xunto con José Basilio Otero Rodríguez Torcuato Teixeira Valoria, presidente e asesor xurídico, respectivamente, da Federación Nacional de Confrarias de Pescadores, estando entre o público asistente os representantes da Federación Galega e da Federación Provincial de Pontevedra. 

 Na súa intervención José Basilio Otero Rodríguez  comentou que "hai moi pouca información e datos sobre o impacto que pode facer a eólica mariña no mar e o seu ecosistema, xa que actualmente só hai dous parques en Europa, un en Escocia e outro moi cerca nosa que é o de Viana do Castelo". "Dende a Federación Nacional de Confrarias de Pescadores vaise a defender que esta nova tecnoloxía non pode vir a sacar postos de traballo dos pescadores e mariñeiros que levan toda a vida no mar a conta de beneficiar a grandes empresas, para iso vaise a recurrir o proxecto dos POEM", afirmou.

 

Paulo - á esq. da imaxe - pescador de Viana do Castelo, relatando súa experiencia persoal

 Entre o publico encontrábase Paulo, un pescador da zona de Viana do Castelo, que aproveitando a súa presenza foi convidado a comentar aos presentes a súa experiencia. Paulo indicou que "dende o tempo que levan instalados os muiños de vento nesa zona, non pesca igual que antes polo que o efecto para os barcos é moi negativo, tendo que desprazarse a outros caladoiros de pesca". 


Na xornada foron dados a coñecer datos do proxecto transfronteirizo J.-S. Elcano + Creoula


  Pola súa banda, Torcuato Teixeira, no inicio da súa presentación indicou que todo isto empezou na Confraria de Burela, asinando o Manifesto de Burela, que é un escrito onde se marcan as liñas vermellas do sector pesqueiro que márcanse para defender non só ao sector senon os ecosistemas mariños. Durante a súa intervención centrouse bastante nos plans que afectan as zonas de Galicia e tamén aportou datos sobre comparativas de plataformas de pesca doutros países europeos que é moito más ampla que a zona de Galicia, e que "na zona onde están programados estes polígonos coinciden prácticamente na plataforma continental de pesca galega, pero logo tamén está o tema socioeconómico do que Galicia é unha potencia en materia de pesca, e como exemplo, a instalación deste polígonos podería afectar pesquerías tan importantes como as do bonito, merluza, etc. afectando a riqueza biolóxica da que podemos presumir actualmente". 

 Lembrou que "hai programados sobre uns 10 proxectos i están liderados por empresas cun potencial económico moi alto, elexindo zonas como Galicia onde a forza do vento garantiza unha gran rendibilidade para os seus proxectos". 

 Desde o pósito guardés afirman que "a soberanía alimentaria é máis importante que calquera actividade de carácter comercial, e hai que tratar de manter e defender a proteína animal, sendo o peixe un producto cun valor nutritivo moi importante. 

 Agradecemos a todas as persoas que asistiron así como aos representantes de asociacións". 

Vídeo dunha entrevista o día 11/03/2023, na TVG a José Basilio Otero Rodríguez, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, sobre a eólica mariña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario