22 de mar. de 2023

TOMIÑO

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue estará en Tomiño o vindeiro 27 de marzo  

 A unidade situarase na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas  




Infogauda / Tomiño 

 Tomiño acollerá a vindeira semana unha nova xornada de doazón de sangue. Dese xeito unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visitará o municipio o luns día 27 de marzo para que todas as persoas que o desexen poidan achegar a súa pinga de solidariedade.  

 Como ven sendo habitual, a unidade móbil estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Para unha maior información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuíto habilitado pola propia axencia, o 900 100 828

 A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público que ten entre os seus obxectivos subministrar de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Para poder facelo cada día despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais galegos na procura da sangue necesaria para poder atender ás persoas doentes que o precisan.  

 É importante lembrar que para doar sangue hai que ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 kg; que hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas e que non se recomenda acudir en caso de ter febre, tose ou problemas respiratorios nos 15 días anteriores á doazón. Para ir a doar debe presentarse a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao persoal médico en caso de estar tomando algún medicamento.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario