O PP pide explicacións a Ánxela Fernández pola demora na firma do Protocolo de Ampliación do Centro de Saúde do Rosal
Infogauda / O Rosal
O Partido Popular de O Rosal, vén de facer pública unha nota de prensa na que afirma:
“O goberno local do BNG, liderado pola alcaldesa Ánxela Fernández, utiliza a sanidade con fins electorais, xa que case un ano despois de que a Conselleria de Sanidade lle instase a enviar toda a información necesaria para a firma do protocolo, acomete a sinatura do mesmo dous meses antes dos comicios”.
Os populares denuncian que “están empregando a sanidade como baza electoral e que tardar tanto tempo en darlle resposta a Xunta de Galicia so atende a unha estratexia que pensa en conseguir votos e non na mellora desta infraestrutura tan necesaria para todos os veciños e veciñas do Rosal”. Refírense os populares “a tardanza na solicitude da reunión, case una ano, así como no envío da documentación necesaria para poder ter asinado moito antes o mencionado protocolo”. Explican desde o PP, “foron ca única intención de facer a foto, sen levar propostas, unicamente plantexando problemas e tiveron case un ano para ter todo máis que preparado. Os veciños e veciñas do Rosal non necesitan que se xogue deste xeito ca Sanidade”, sentencian.
Dende o Partido Popular de O Rosal din: “Estamos indignados con esta forma de actuar. Están tapando a súa falta de traballo e de propostas para poder acometer a remodelación e ampliación do Centro de Saúde, con fotos e declaracións vacías, como sempre fan”. Nesta liña, o candidato á alcaldía do Rosal polo Partido Popular, Carlos Rodríguez Vicente, traslada que “o Partido Popular de O Rosal lle trasladará a Conselleria de Sanidade máis propostas das que lle achegou xa fai varios meses, para que a remodelación e ampliación do Centro de Saúde da vila sexa unha realidade. Consideramos que aos veciños e veciñas hai que decirlles a verdade e non xogar con temas tan serios coma este, polo que instamos a alcaldesa a que diga cal é o seu proxecto, xa que o noso, gracias as reunións que estamos mantendo polas diferentes parroquias e barrios do Rosal, xa o coñecen”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario