30 de mar. de 2023

O BAIXO MIÑO

Xornada de voluntariado ambiental polos montes de Viladesuso

 O vindeiro domingo 2 de abril, ás 10:00h no Refuxio Fonte do Toxo




A Jalleira / O Baixo Miño

 O vindeiro domingo 2 de abril a Asociación Forestal de Educación Ambiental A Jalleira organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Viladesuso.  

 Nesta ocasión a xornada consistirá na eliminación de eucalipto no monte da Groba. Con este traballo voluntario, preténdese erradicar esta especie invasora nunha área de especial interese paisaxístico, e mellorar as condicións de hábitats prioritarios degradados que atopamos nesta zona coñecida como “O Campo do Xunco”, recentemente incluida no inventario de zonas húmidas de Galicia.  

 A xornada comezará ás 10:00h, o punto de encontro será no Refuxio Fonte do Toxo. 

 Ó remate haberá un pequeno xantar para tódolos/as participantes da xornada.  

 Infórmate e inscríbete en ajalleira@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario