ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, DE A GUARDA, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE 3000 METROS EN PISTA CUBERTA SUB16 (2023)
• Este título súmaselle ao conseguido este mes, que non foi pouco, con moita esixencia de competicións, conseguindo ser campión autonómico de cros, campión autonómico de pista cuberta de 1.000 metros, máis écord galego e campión de España de cros
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
A pasada fin de semana, os días 25 e 26 de abril, a pista ourensá situada nas instalacións de Expourense, acolleu o campionato de España baixo teito da categoría cadete, proba que pechaba o pano da tempada Indoor en España desta modalidade.
Neste campionato, Álex Sierpes Pereira partía como claro favorito na proba de fondo, xa que era o actual líder nacional da clasificación desta tempada 2023 nas distancia de 1.000 metros e 3.000 metros da categoría.
Cun público entregado ao seu favor onde se atopaban familiares, avós e amigos do club, os que sumaban un gran número no público asistente que coreaba o seu nome, vestindo unha camiseta fluorescente co seu nome e pancartas dedicadas, as cales non lle deixaron de animar en ningún momento.
O plusmarquista nacional non se engurrou para nada desde o inicio da proba, que daba a saída ás 20:10h do sábado, onde saíu como un avión, desde o inicio da proba ata completar as 15 voltas para cubrir a distancia en todo momento en solitario, con dominio impoñente, entrando en meta cun rexistro de 8´44" 86, quedando a menos de 1" do récord do campionato, colgándose esa meritoria medalla nacional, por diante dos cataláns Pere Mais Ferrus 8´48" 52 e completando o pódium en 3ª posición Axel Zarranz Partal con 9´05" 72.
Este título súmaselle ao conseguido este mes, que non foi pouco, con moita esixencia de competicións, conseguindo ser campión autonómico de cros, campión autonómico de pista cuberta de 1.000 metros, máis écord galego e campión de España de cros.
O club Sociedade Atlética do Trega agradece e quere celebrar conxuntamente este éxito con todos os nosos colaboradores, socios (case todos os establecementos de A Guarda) que axudan á nosa entidade resaltando os máis destacados: Concello de Tomiño, Concello do Rosal, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Tomiño, Viveiros Río Tollo, Litosport, e ao seu patrocinador principal a marca deportiva HOKA que lle aporta as zapatillas que calzan seus pés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario