9 de mar. de 2023

LABORAL

Desconvocan folga no sector de axencias marítimas, consignatarias e estibadoras de Pontevedra tras acordo de revisión salarial 

• A representación sindical e a patronal pactaron unha suba do 3% para 2021, do 7% para 2022 e do 4% para 2023, á espera dunha sentenza do Supremo 


Foto: CIG

Infogauda / Pontevedra 

 O persoal do sector das axencias marítimas, consignatarias e estibadoras da provincia de Pontevedra vén de desconvocar a folga prevista para os días 13, 20 e 27 tras chegar a un preacordo coa patronal ACOESPO a respecto da revisión salarial de 2021, 2022 e 2023. Segundo o pactado, que vai ser ratificado este venres no AGA, os soldos aumentarán neses tres anos un 3, un 7 e un 4%, á espera dunha sentenza do Tribunal Supremo. 

 O conflito ten a súa orixe na negativa do empresariado a aplicar a cláusula de revisión salarial con respecto ao IPC real incluída no convenio. “Mentres estivo baixo non tivo problema, pero en 2021, cando se elevou até o 6,5%, non quixo aplicalo e dixo que había que definir que é o IPC real”, explica Suso García, secretario comarcal da FGAMT-CIG de Vigo. Tras a denuncia da parte social, o TSXG decretou que o IPC real é a suma de todos os IPC rexistrados durante o ano, o que reduciría a cifra até o 3,1%, decisión que foi recorrida ante o Supremo.  

 “Pero o ano pasado esa media elevouse até o 8,4%, entón a patronal anunciou que non ía a aplicala porque o recurso segue pendente”. Diante disto, os traballadores/as optaron por convocar folga, logrando un acordo de actualización de soldos do 3, 7 e 4% nestes tres anos.     En reunión celebrada esta tarde entre los sindicatos y ACOESPO se ha llegado a un preacuerdo, que se ratificará el viernes ante el AGA, para poner fin al conflicto en el sector de Agencias Marítimas, Consignatarias y Estibadoras de Pontevedra.

 O acordo establece a actualización salarial dos anos 2021, 2022 e incremento para 2023.  

2021 ... 3% 

2022 ... 7% 

2023 ....4%  

 Todo iso pendente de revisarse cando salga a sentenza do Supremo.  

 Trátase de actualizar mentres o Supremo non resolva se é o 11,5 ou o 12,2 para 2021 e 2022. Se finalmente é o 12,2 terán que pagar a diferenza.

  Para o 2023 é o mesmo. Se ao acabar o ano é máis, revísase segundo a cláusula de revisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario