PIRAGÜISMO
BOA PAPEL DOS TEIXUGOS NA COPA PIRINEUS
Informa (fotografías e redacción); Rosa Fernández Carrera
A International Pyrenees Cup Canoe Slálom, ou Copa Pirineus como se coñece en España, é unha competición sénior internacional que se celebra cada ano nas canles de slálom de Pau en Francia e a Seu D´Urgell en Lleida. O 18 e 19 disputouse en Pau e o 26 e 27 na Seu. En Pau competiron máis de 350 deportistas, e, na Seu a participación foi algo menor, con 200 piragüistas.
Padeeiros de todas partes do mundo acudiron á cita, entre eles, os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos Manuel Ochoa, Luís Fernández e Alba Soutelo.
En Pau, na modalidade de k1, Manuel Ochoa, conseguiu acceder a semifinais na primeira ronda co terceiro mellor tempo, nas semifinais conseguiu estar entre os dez mellores e pasar a finais onde rematou cuarto, rozando o podio. En C1, Luís Fernández, tamén conseguiu superar as clasificatorias, pero non as semifinais, rematando vixésimo oitavo. Alba Soutelo, en C1, non conseguiu entrar nas semifinais, rematando vixésimo novena.
Na Seu D´Urgell, Manuel Ochoa superou nunha gran baixada as clasificatorias, nas semifinais quedou fóra das finais por pouco, rematando décimo terceiro. Luís Fernández, tivo unha impresionante participación, superou as clasificatorias e as semifinais, e, xa na final, fixo unha baixada moi rápida onde un toque nunha porta o deixaron sen a medalla de bronce, rematando finalmente cuarto. Alba Soutelo superou as clasificatorias pero non as semifinais, rematando vixésimo segunda.
Rematadas as dúas rondas súmanse os resultados de Pau e Seu para determinar os gañadores da Copa Pirineus. Na categoría K1 masculino o gañador foi por segundo ano consecutivo o teixugo Manu Ochoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario