30 de mar. de 2023

CULTURA

FAMILIARES DE FELICIANO ROLÁN VICENTE RECIBEN EXEMPLARES DA NOVA EDICIÓN DO POEMARIO "DE MAR A MAR"


Emilio Rolán Mosquera e a súa dona María Josefa Álvarez Aza, familiares do poeta Feliciano Rolán, con exemplares do libro DE MAR A MAR, con Celso R. Fariñas e Manuel Cadilla "Tosca" da Asociación Piueiro e, entre eles, o editor Henrique Alvarellos.

Foto: FB

Infogauda / Vigo

 Onte, en Vigo, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda, e Alvarellos Editora fixeron entrega ao doutor Emilio Rolán Mosquera (A Guarda, 1935), de exemplares da nova edición do libro DE MAR A MAR, que en 1935 escribiu o seu tío avó Feliciano Rolán Vicente.  

 Como xa temos adiantado neste xornal dixital transfronteirizo, Alvarellos Editora vén de publicar, na súa Colección Rescate, unha edición bilingüe con tradución ao galego de Anxo Angueira Viturro, estudo de Xosé Gregorio Ferreiro e colaboración de Celso R. Fariñas, que este sábado día 1 se presentará ás 12 horas na vila de A Guarda.  

 Na imaxe, posando cun exemplar da edición príncipe de 1935 e coa actual de 2023, sentados diante: Emilio Rolán Mosquera e a súa dona María Josefa Álvarez Aza; detrás, Celso R. Fariñas e Manuel Cadilla "Tosca" da Asociación Piueiro e, entre eles, o editor Henrique Alvarellos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario